Visitas guiadas na Semana Santa de Lugo

Catedral de Santa María de Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as visitas guiadas que se realizarán durante a Semana Santa para coñecer mellor a cidade.

Haberá cinco visitas guiadas en horario de mañá con saída ás 12 horas e catro visitas en horario de tarde ás 16.30, todas con saída dende a Oficina Municipal de Turismo na Praza do Campo e de carácter gratuíto. As persoas interesadas poderán inscribirse dende hoxe na Oficina de Municipal de Turismo (982.25.16.58) ou o propio dia das visitas.

A primeira delas será o dia 28 de abril ás 16.30 e visitarase Porta Miñá, adarve da Muralla, Porta de Santiago, visita Mitreo, Catedral de Santa María, Piscina Romana, e Praza Maior.

O día 29, en horario de tarde tamén, visitarase a Casa dos Mosaicos, Praza Maior, Muralla, Catedral, Centro Histórico e Rúa da Raíña. O luns 30, ás 12 horas, visitarase a rúa Nova, Muralla, Praza da Soedade, Museo Provincial, Praza Armañá (monumento as Vías Romanas), mosaico rúa Dr. Castro, Praza Maior, Praza do Campo Castelo, Muralla e Catedral.

A visita guiada do dia 31 de marzo ás 12 horas percorrerá o Centro de Interpretación da Muralla, Praza Maior, Muralla, Catedral, Centro histórico e Praza Santo Domingo. O mércores 1 de abril, ás 12 horas, a visita será a Casa dos Mosaicos, Praza Maior, Muralla, Catedral, Piscina romana, Praza da Soedade e Praza Santo Domingo.

O día 2 e 3 de abril, Xoves e Venres Santo, as visitas guiadas serán ao Mosaico da rúa Doutor Castro, Praza Maior, Muralla, Termas Romanas, e Ponte Romana comezarán ás 16.30 horas.

A ruta Praza de Santa María, Catedral, Muralla, Porta de Santiago, Termas Romanas e a Ponte Romana será a que se faga o dia 4 a partir das 16.30 horas. E finalmente, o domingo 5 de abril, ás 12 horas comeza a visita a Praza da Soedade, Praza Santo Domingo, rúa da Raiña, Praza Maior, Praza do Campo Castelo, Muralla e Catedral.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar