O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, gabou a implicación dos equipos terapéuticos e dos centos de persoas que colaboran con Proxecto Home; “un proxecto útil –dixo-, baseado na solidariedade e na necesidade de dar unha resposta desde a iniciativa social xunto cos poderes públicos e as administracións públicas”.
<iframe width=»500″ height=»330″ src=»https://www.youtube.com/embed/dLhWrzcEFwo?feature=player_detailpage» frameborder=»0″ allowfullscreen></iframe>
Con estas palabras, e durante a inauguración da VII Exposición Arte e solidariedade, á que acudiu acompañado pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, o responsable autonómico agradeceu o labor desta entidade; “un proxecto –aseverou- feito realidade que ten detrás miles de vivencias e de historias e miles de persoas”.
O acto contou tamén coa presenza do alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e do arzobispo, Julian Barrio.
Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar