Rueda, por la inclusión de imputados en las listas por la presunción de inocencia

Allfonso Rueda_concello de Cangas_declaracións

O vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, amparou a inclusión de políticos imputados nas listas electorais, xa que defendeu que unha imputación «implica presunción de inocencia» e, ademais, hai que ver caso por caso», porque «non todos son iguais».

Así o manifestou durante unha visita institucional ao Concello de Cangas (Pontevedra), onde Rueda aclarou que estar imputado supón que a persoa «se»pode enfrontar a un procedemento xudicial», non a súa culpabilidade.

Así mesmo, ao ser cuestionado, en concreto, sobre o caso do alcalde do Porriño, Nelson Santos, Rueda defendeu que «o mesmo alcalde dixo que se se chegase abrir un xuízo oral el sería o primeiro en deixar o cargo, co cal reivindica a súa presunción de inocencia»

A pesar diso, a un día da presentación oficial das listas, non se referiu a se Nelson Santos –imputado por suposto tráfico de influencias, malversación de caudais públicos, prevaricación e supostos delitos contra os dereitos dos traballadores– volverá ser o candidato popular ás próximas municipais.

O acto de presentación dos candidatos do PP de Pontevedra celebrarase este xoves, e, segundo indicou Rueda, a intención do partido é confirmar «practicamente o 100 por cento» dos alcaldables. «Se quedase algún, en todo caso aínda temos prazo, aínda queda case un mes para pechar as candidaturas», remarcou.

CONCELLO DE CANGAS

Noutra orde de asuntos, cuestionado acerca de que un dos concelleiros do PP de Cangas –José Luis Gestido– abandonara o partido aínda que conserve as súas competencias na Casa do concello, Rueda comentou que «estar ou non estar nun grupo concreto é vontade de cada un».

«Con independencia do que decidira este concelleiro, agora que chegamos ao final dunha lexislatura moi complicada para todos os concellos, creo que se pon aínda máis en valor» o traballo realizado durante os últimos anos, manifestou.

Así as cousas, destacou que dende que o actual alcalde, José Enrique Sotelo, asumiu o goberno municipal, o Concello de Cangas pasou «dunha débeda de 17 millóns hai catro anos a menos de un millón agora».

«Iso é que se fixo un bo labor, na miña opinión», subliñou, antes de trasladar que iso é «o traballo dun equipo», que «o forma moito máis que unha soa persoa». «Se alguén non o entende así, e se quere ir, non se obriga a ninguén a estar en ningún grupo e en ningún partido», concluíu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar