Morre un condutor en Cervantes ao chocar contra unha árbore

 

   Un home de 68 anos de idade faleceu este luns nun accidente de tráfico rexistrado ao fío da media noite ao sairse da vía o vehículo que conducía e chocar contra unha árbore no municipio de Cervantes (Lugo).

O sinistro tivo lugar sobre a media noite deste luns no quilómetro 6,3 da estrada LU-P-0702, de Becerrá a Cervantes, ao seu paso pola poboación de San Román, en Cervantes, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT) a Europa Press.

As mesmas fontes sinalaron que o vehículo se saíu da vía pola marxe dereita e chocou contra unha árbore, debido ao que morreu o condutor e único ocupante do turismo.

Ao lugar, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Becerreá para atender ao paciente, o varón J.D.G., de 68 anos, que faleceu no punto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar