Manuel Baltar e Román Rodríguez analizan as necesidades da provincia de Ourense

image

Manuel Baltar e Román Rodríguez repasaron tamén o estado de tramitación do expediente para declarar a Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade.
Ourense, 7 de marzo de 2015.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao novo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, con que analizou as necesidades da provincia de Ourense referidas ás competencias desta consellería e repasou os proxectos actualmente en execución, así como o estado de tramitación no que se atopa o expediente para a declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade. Román Rodríguez, aparte de destacar a capacidade que tivo a Deputación de Ourense de poñer en marcha o procedemento da Ribeira Sacra, «comprometeuse –segundo afirma Manuel Baltar- a axilizar o máximo posible os trámites que lle correspondan ao departamento autonómico de Cultura, e na actualidade, unha comisión de seguimento, da que tamén forma parte a consellería, está a facer avaliacións e traballos técnicos e administrativos para completar toda a documentación necesaria deste proceso».

Manuel Baltar confirmou que o titular de Cultura «virá a Ourense nas próximas semanas para dar cumprida información sobre a previsión para presentar o expediente final para a solicitude da declaración da Ribeira Sacra, que está a contar tamén coa colaboración do Valedor de Pobo como coordinador do equipo de investigadores da Universidade de Santiago».

En termos de Educación Baltar e Rodríguez analizaron ás necesidades de infraestruturas dos colexios da provincia, estudando a posibilidade de plantexar un protocolo de colaboración entre a Deputación de Ourense e a administración autonómica para a realización de obras consideradas como urxentes, e no ámbito universitario avaliaron o estado actual do Campus de Ourense e as posibilidades dunha nova titulación.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar