Evacuado o tripulante dun mercante

Salvamento Martítimo_torre de control_porto da Coruña

Un helicóptero de Salvamento Marítimo realizou na mañá deste mércores unha evacuación médica ata A Coruña dun tripulante dun mercante cun brazo roto.

Segundo informou Salvamento Marítimo, ás 6,09 horas recibiu a chamada do mercante ‘Vigorous’, que solicitaba evacuación dun dos seus tripulantes cun brazo roto.

Dende o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) da Coruña indicóuselle que contactase co Centro Radiomédico de Roma, que aconsellou realizar a evacuación con helicóptero, segundo indican as mesmas fontes.

Así, foi mobilizado polo Centro de Salvamento na Coruña o helicóptero ‘Helimer 209’, que evacuou o tripulante e desembarcouno no aeroporto coruñés de Alvedro, onde unha ambulancia o esperaba para o seu traslado ao Hospital San Rafael.

O buque ‘Vigorous’, procedente de Alemaña con destino La Habana, cun cargamento de trigo e 16 tripulantes a bordo, continúa navegando rumbo a Cuba, segundo engadiu Salvamento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar