Benestar investirá medio millón de euros anuais na residencia de maiores Pedre Rubinos

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe na Coruña a nova sede da institución benéfico social, na que a Administración A Consellería de Traballo e Benestar ven de concertar coa institución benéfico social Padre Rubinos 40 prazas públicas de residencia para persoas maiores no que investirá 550.000 euros anuais. Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, na Coruña, que visitou a nova sede da entidade, que vén de converterse nun referente dos servizos de acción social de Galicia e o Estado.

Mato explicou que esta nova liña de colaboración con Padre Rubinos únese ás que o Goberno galego mantén con esta asociación desde o ano 2009, como son axudas para inclusión, plans de cooperación ou actividades de voluntariado. Só no marco da orde de inclusión para entidades de 2014, Padre Rubinos recibiu, segundo subliñou a conselleira, 130.000 euros cos que se apoio o funcionamento do albergue e do comedor social.

Ademais, a titular de Benestar sinalou que estas novas 40 prazas públicas de atención residencial son “unha nova proba da aposta da Xunta polos servizos de calidade para as persoas maiores”. Neste senso, lembrou que desde 2009 a Xunta puxo en marcha máis de 3.100 prazas públicas para maiores en toda Galicia, das que máis de 1.200 foron na provincia da Coruña. En total, o aumento en toda a Comunidade autónoma foi, con respecto a 2009, dun 50 por cento máis de prazas en residencias, centros de día e de alzheimer.

Deste xeito, na actualidade existen en Galicia máis de 9.500 prazas públicas para maiores das que máis de 3.500 emprázanse na provincia da Coruña. No mantemento destas prazas, a Consellería de Traballo e Benestar está a investir 89,5 millóns de euros ao ano.

Así mesmo, Mato indicou que Galicia é a segunda rexión con maior porcentaxe de servizos profesionais, un 72 por cento fronte ás prestacións económicas, o que supón que case 3 de cada 4 persoas con dependencia atendidas en Galicia son mediante un servizo. A titular de Benestar apuntou, por último, que esta aposta seguirase a reforzar nos orzamentos de 2015, que recollen un incremento de máis de 15,3 millóns de euros en novos servizos para persoas con dependencia, tanto para persoas maiores como con discapacidade.

NOVAS INSTALACIÓNS

A nova sede de Padre Rubinos, que se puxo en marcha grazas á colaboración da Fundación Amancio Ortega con esta entidade benéfico social, une nun mesmo edificio tres das áreas máis importantes da atención social na actualidade: os servizos, recursos e apoio para persoas que se atopan en risco de exclusión social; para as persoas maiores, e, en especial, para os que se atopan en situación de dependencia; e as escolas infantís, que ofrecen ás familias a posibilidade de conciliar a vida familiar, laboral e persoal.

En total, as novas instalacións teñen capacidade para prestar atención directa a preto de 500 persoas: 180 usuarios na residencia e centro de día para maiores; 200 no albergue para persoas en risco de exclusión social; e 100 nenos e nenas de 0 a 3 anos na escola infantil.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar