Rueda destaca a importancia da cooperación entre as administracións públicas

Alfonso Rueda_visita ao Concello de Cambados

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o Concello de Redondela, para coñecer de primeira man actuacións realizadas polo Goberno galego neste concello pontevedrés, e onde destacou a importancia da cooperación entre as Administracións, o que redunda directamente en beneficios para os cidadáns.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do alcalde da localidade, Javier Bas, comprobou in situ o acondicionamento levado a cabo polo concello nun tramo do río Maceiras, que conta cunha axuda da Xunta de preto de 57.000 euros. Este tipo de actuacións son un bo exemplo dos beneficios que ofrece para os cidadáns a colaboración entre as distintas administracións, xa que son iniciativas nas que cooperan os concellos e a Xunta.

O que amosa que a colaboración e cooperación entre Administracións é fundamental para acadar a máxima eficiencia e a máxima eficacia, xa que grazas a este tipo de ordes e convenios entre Xunta e os concellos galegos subvenciónanse investimentos relacionados coa mellora do entorno e a conservación do medio ambiente, ademais de contribuír ao reequilibrio territorial, evitando duplicidades e ofrecéndolles aos cidadáns os mellores servizos

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar