Detida unha parella en Vigo por agredirse mutuamente

A Policía Local de Vigo detivo este martes a un home e unha muller como supostos autores dun delito de violencia no ámbito familiar, por agredirse mutuamente.

Os feitos tiveron lugar pouco despois do mediodía nun domicilio da zona da avenida de Clara Campoamor.

A parella, nova, enzarzouse nunha pelexa e agredíronse mutuamente. Cando se presentou a patrulla da Policía constatou que ambos os dous ( que tamén se denunciaron entre eles) presentaban lesións. Os dous foron detidos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar