Morre o xornalista e xurista do Parlamento Baldomero Cores

Baldomero Cores_visita exposiciión

O xornalista, xurista e escritor Baldomero Cores Trasmonte (Cee, 1929) faleceu este mércores, segundo informa a Asociación de Xornalistas de Santiago, que lamenta «profundamente» a súa morte.

Baldomero cores, o primeiro letrado do Parlamento galego que participou activamente no desenvolvemento da lexislación autonómica, foi tamén un prestixioso e coñecido xornalista que desenvolveu a súa profesión en medios como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego ou La Noche.

Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid, foi catedrático de Socioloxía na Universidade de Puerto Rico. Escribiu numerosos libros e obras de ensaio e investigación, así como biografías de ilustres de personaxes da prensa como Alfredo Vicenti.

Cores Trasmonte era socia de honra da Asociación de Xornalistas de Santiago e directivo da entidade, que mostra o seu pésame por perder o maxisterio desta persoa da que destacan a súa «sabedoría, dignidade e xenerosidade».

Os restos mortais de Baldomero cores están sendo velados no tanatorio compostelano de Boisaca este mércores, mentres que o xoves terá lugar unha misa funeral ás 13,30 horas na capela deste tanatorio.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar