Otros dous detidos pola morte do hincha do Deportivo

Brutal enfrentamiento entre hinchas_afeccionados en Madrid_Manzanares_Deportivo_Atlético de Madrid
Dúas persoas foron detidas en Valencia en relación á liorta entre membros da Fronte Atlética e o Riazor Blues, na que resultou morto Francisco José Romero Taboada, alcumado ‘Jimmy’. Un dos detidos será acusado de homicidio, ao ser considerado un dos autores materiais da morte do siareiro do Dépor, segundo informaron a Europa Press fontes policiais.

O outro detido será acusado de rifa tumultuaria. Os arrestos producíronse grazas á colaboración da Xefatura Superior de Policía de Valencia e a Brigada Provincial de Información de Madrid.

 

Jimmy_hincha del Deportivo asesinado

A operación segue aberta e aínda se está a rexistrar a casa do presunto homicida detido este luns en Valencia. Posteriormente, será trasladado a Madrid para ser posto a disposición xudicial.

Ambos detidos son da Fronte Atlética, sección Levante. O balance de detidos pola chamada Operación Neptuno elévase xa a 84.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar