A Conferencia Sectorial de Cultura apoia as políticas da Xunta

Xesús Vázquez Abad, Alberto Núñez Feijóo e José María LassalleJPG

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á Conferencia Sectorial de Cultura, no que participaou o secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle, e a que, como é habitual, asistiron representantes das comunidades autónomas.

Na súa intervención ao remate da sesión o conselleiro, Xesús Vázquez Abad agradeceu o importante esforzo inversor do Ministerio en materia de cultura en Galicia, especialmente no actual contexto económico.

Pola súa banda, o secretario de Estado fixo repaso dos asuntos abordados ao longo da reunión, entre eles a creación dun selo de calidade das librarías, as novas medidas de fomento do mecenado a través de incentivos fiscais, ou a creación dun grupo de traballo para a analizar a xestión do patrimonio musical e estudar os posibles mecanismos de protección.

Na xornada de hoxe, abordáronse temas de actualidade como a Lei de Protección de datos e a súa aplicación ao ámbito educativo, así como unha aproximación aos protocolos e modelos de inspección que se aplican noutras comunidades autónomas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar