O PPdeG celebra a devolución das pagas extraordinarias aos funcionarios

Miguel Tellado_voceiro PPdeG

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, puxo en valor hoxe a nova Lei de Función Pública, que, ademais de suprimir o plus de altos cargos, devolverá aos empregados públicos de Galicia o diñeiro das súas pagas extraordinarias co que o Goberno blindou o gasto social na Comunidade.
Tellado recordou que os funcionarios son protagonistas na superación da crise, porque co seu esforzo a Xunta puído destinar ata oito euros de cada dez a educación, sanidade ou benestar. Polo tanto, Galicia debe moito aos seus empregados públicos.

O dirixente popular apuntou que a nova lei blinda ata catro subidas salariais en catro anos consecutivos aos traballadores da Comunidade, o que supón mobilizar 350 millóns ata 2018, 40 deles xa no próximo exercicio.
Miguel Tellado apuntou que isto supón inxectar unha boa cantidade de cartos ao circuíto do consumo no noso país; cartos que sumaranse aos que percibirán de máis respecto a 2014 o 99% dos contribuíntes de Galicia pola baixada no IRPF anunciada polo Goberno central.
Poñer en mans dos traballadores galegos máis cartos supón posibilitar un incremento do consumo que incida no emprego, pero tamén recadar máis pola vía dos impostos directos e, polo tanto, ter máis cartos dende as institucións coas que facer investimentos públicos.
Este tipo de medidas, posibles agora que xa rematou o máis duro da crise e que pódese falar dun cambio de ciclo, teñen un efecto moi directo nas cifras do paro. De feito, Tellado avanzou que si ben xa dixemos que 2013 rematou con menos desemprego que 2012, tamén poderemos dicir agora que 2014 rematará con menos persoas sen traballo que 2013.
Por último, Tellado lembrou que isto supón baixadas do paro en cada un dos dous anos que levamos desta Lexislatura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar