A nai dun dos detidos do Riazor Blues reproba os incidentes de Madrid

A nai dun dos detidos o pasado domingo na liorta entre ultras do Atlético de Madrid e do Deportivo condenou rotundamente os incidentes e cualificounos de «repugnantes».

Os familiares dalgúns dos apresados do grupo radical Riazor Blues estiveron nos corredores dos xulgados á espera de que arrancasen as declaracións.

Unha das nais queixouse de que non sabe nada do seu fillo dende o domingo e que ese día o chamou dende o hospital para dicirlle que o seu amigo estaba a morrer. «Mamá, morre. Eu estou ben», díxolle.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar