Expourense acolle donde hoxe a sexta edición do Salón do Automóbil

Expourense_Salón do Automóbil_4
Nova cita co automóbil en Expourense. Dende hoxe, venres 10, e ata o domingo 12 de outubro Expourense acolle o 6º Salón do Automóbil adicado neste caso aos vehículos de ocasión e que o recinto feiral organiza en conxunto coa Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O. Estará presente a quincena de concesionarios que xa participou no Salón do Vehículo Novo celebrado a pasada fin de semana representando ás marcas: Alfa Romeo, Audi, BMW, Dacia, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Kia, Land Rover, Mazda, Mercedes-Benz, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Nesta ocasión, os expositores presentarán unha ampla oferta de vehículos de Ocasión, un concepto no que entran os coches de kilómetro cero, seminovo, de xerencia, substitución, mostra ou segunda man. Os que merquen un coche nesta cita poderán participar tamén no sorteo dun desconto de 6.000 euros.

Á hora de mercar un coche de ocasión, dende A.C.A.U.T.O. recomendan acudir a profesionais, xa que estes ofrecen unas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares. Por Lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que extenden esa garantía ata dous anos ou máis no caso dos vehículos seminovos (de 0 a 3 anos). Outra vantaxe é a xestión da documentación do proceso de compra-venda, da que se encarga o profesional.

A oferta presentada neste salón será ampla puidendo atoparse vehículos dende 3.000 euros, aínda que o “vehículo tipo” nesta cita será o do mercado de ocasión en España, isto é, un coche que ronda os 11.000 euros e que conta con sobre tres anos de antigüidade (segundo datos da Federación de Asociacións de Concesionarios, F.A.C.O.N.A.U.T.O.). Os datos indican que en Galicia por cada coche novo véndense

dous de ocasión, incluíndo tamén as compras entre particulares. Isto provoca que haxa cada vez maior demanda e menor oferta, polo que acudir a este salón se converte nunha boa oportunidade para os que anden a busca dun vehículo deste tipo, xa que poderán cocñer sen saír do recinto boa parte da oferta na provincia neste mercado.

Como actividade vencellada ó salón e dirixida aos profesionais que traballan na automoción, organizarase unha conferencia sobre a prevención de riscos laborais neste sector. Terá lugar este venres 10 de outubro ás 19.00 h. e estará impartida por Inma del Brío, do Gabinete de Prevención da Confederación Empresarial de Ourense (C.E.O.).

Como en todas as feiras que organiza Expourense, aqueles que se acheguen en tren ata Ourense nos días de celebración deste salón poderán beneficiarse dun 35% de desconto en todas as liñas, incluído AVANT. Pode descargarse o bono na páxina web www.expourense.org.

O horario de feira será de 11.00 a 20.00 h. o venres 10 de outubro, de 10.00 a 20.00 h. o sábado e de 11.00 a 20.30 h. o domingo. O prezo de entrada será de 2 euros e os menores de 12 anos poderán entrar gratis.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar