Os populares presentan os seus candidatos ás municipais da zona do Carballiño

Baltar_cabezas de lista PP zona Carballiño_2
A benvida correu a cargo do alcalde anfitrión, Argimiro Marnotes. A continuación sucedéronse as intervencións do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, e do voceiro do PPdeG, Miguel Tellado Filgueira. Pechou o acto o presidente provincial, Manuel Baltar, quen se referiu aos candidatos populares como “un equipo gañador que sabe estar ao carón das necesidades dos seus veciños e veciñas, algo que na gran maioría se ve refrendado cun abrumador apoio en sucesivos procesos electorais”.

 

Baltar_Tallado_cabezas de lista zona_comarca Carballiño

Os candidatos presentados son os seguintes:

-O Irixo: Manuel Penedo Paradela (55 anos). De profesión empresario, é alcalde do Irixo dende 1987 e presidente local do PP reelixido en 2013.

-Maside: Alejandro González González (53 anos). De profesión empresario, esta é a súa primeira incursión en política.

-Boborás: Cipriano José Caamaño Castro (65 anos). Médico xubilado, é alcalde do municipio dende 1987.

-Beariz: Manuel Prado López (56 anos). Licenciado en Filoloxía Hispánica, é profesor de Secundaria. Alcalde de Beariz dende 1983, é tamén presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca do Carballiño dende 1999. Foi deputado provincial entre 1987 e 1991; Deputado no Congreso na IV Lexislatura (1990-1993) e senador na VI e VII Lexislatura (1996-2004).

Piñor: José Luis González Rodríguez (47 anos). Empresario de profesión, é concelleiro en Piñor dende 2007 e voceiro municipal dende 2011. É presidente local do PP local dende 2010.

-Punxín: Manuel Vázquez Fernández “Casalta” (74 anos). Xubilado, foi concelleiro en Punxín por UCD entre 1979 e 1983. É alcalde dende 2011.

-San Amaro: Ernesto Pérez González (46 anos). Licenciado en Ciencias Económicas e Empresarial, é funcionario. É alcalde de San Amaro dende 2003.

-San Cristovo de Cea: José Luis Valladares Fernández (68 años). Xubilado, é concelleiro no municipio dende 1979 e alcalde dende 1991. Foi deputado provincial entre 1995 e 2011.

-O Carballiño: Argimiro Marnotes Fernández (48 anos): Arquitecto técnico de profesión, é concelleiro dende 2003 e voceiro municipal dende 2007. foi elixido alcalde en 2011 e presidente local do PP dende 2010. É deputado provincial dende maio de 2011.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar