Gran afluencia de familias ao festival “Cidade Imaxinaria”, no Gaiás

Cidade Imaxinaria Gaiás_2

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca a grande afluencia de público ao festival ‘Cidade Imaxinaria’, que reuníu no alto do Gaiás a preto dun cento de artistas para animar unha xornada que rematará ás 21 horas cun gran espectáculo final onde se recreará o mundo máxico da Atlántida.

 

 

Carreiras de coches, torneos, asaltos a castelos, obradoiros de zancudos, teatros de sombras chinesas, bailes, malabares e ata un total de vinte espectáculos son algúns dos ingredientes que ‘Cidade Imaxinaria’ ofreceu por cuarto ano consecutivo durante dez horas ininterrompidas de diversión. Tal e como sucedeu en anteriores anos, centos de familias achegáronse xa pola mañá a gozar do teatro, a maxia, o circo e a música que ofrece unha das actividades máis exitosas da Cidade da Cultura.

Escenario Imaxinario
Como novidade este ano, o público asistente puido gozar na praza central do Gaiás do ‘Escenario Imaxinario’, un espazo máxico que pasaron os números circenses e cheos de humor da compañía ‘Cabaré Parodia’, os trucos de maxia do espectáculo ‘Sim Salabim’ ou as acrobacias de ‘La Belle Escabelle’.

 

Cidade Imaxinaria Gaiás

Ademais, os que se acheguaron pola tarde asistiron a un fermoso espectáculo final: desde o fondo do océano ao cumio do Gaiás, o festival dirá adeus cun espectáculo onde se recreará o mundo máxico da Atlántida e as lendas dos seus habitantes, dos que se dicía que podían correr polo ceo como paxaros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar