Deputadas mexicanas do PAN visitan a Deputación de Ourense

Baltar_deputados mexicanos Deputación Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a visita de deputadas federais do Partido Acción Nacional (PAN), de México, que están a manter reunión estes días en Galicia con representantes institucionais e políticos da Comunidade na procura información sobre os gobernos provinciais.

Na xuntanza que mantivo o presidente provincial coas deputadas mexicanas, Manuel Baltar referiuse ás políticas de transparencia que está a desenvolver a Deputación de Ourense, como o Código Ético ou a Ordenanza de Transparencia, e fixo un percorrido pola historia das institucións provinciais nos seus máis de 180 anos de existencia, ademais de falar do patrimonio turístico, monumental e natural que posúe a provincia de Ourense.

Baltar subliñou que este tipo de visitas “contribúen a coñecer o desenvolvemento político e institucional doutras nacións”, e manifestou a vontade da Deputación de Ourense de estar “sempre aberta a este tipo de colaboración”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar