Presentación do libro “Coñece Esgos, descubre a historia”

Libro Coñece Esgos_Descubre a sua historia

A Deputación de Ourense o Concello de Esgos e Teófilo Comunicación presenta mañá, xoves, nun acto que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel de Esgos (Ourense), un libro que ten coma protagonista ao Concello de Esgos.

A presentación da publicación contará coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar;: o alcalde do Concello, Mario Rodríguez González; e o editor, José Luis Teófilo Piñeiro.

O libro leva por título “Coñece Esgos, Descubre a historia”, amósanos a beleza e a fermosura dun concello que se descobre desbordante de recunchos e encantos secretos. Unhas imaxes que teñen voz propia e tantas interpretacións como poida inspirar a imaxinación de todos os que gozan cada día das innumerables paisaxes de Galicia.

En cada unha destas instantáneas sentimos a pegada da nosa orixe, da nosa tradición, da nosa cultura. Un Esgos forxado con pedra, madeira e ferro.

Unha vez máis o fotógrafo Alberte Peiteavel a través do seo obxectivo amósanos a fermosura da nosa terra, nesta ocasión, do Concello de Esgos que sobrecolle pola súa beleza e historia.

A presentación contará coa interpretación musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar