A Policía Autonómica imputa a duas persoas por incendios forestais

A Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Santiago de Compostela vén de informar da imputación de dous cidadáns como presuntos autores dun incendio forestal no concello coruñés de Padrón.

O lume tivo lugar na tarde do pasado mércores 6 de agosto nos terreos contiguos á Autoestrada do Atlántico e resultaron afectados uns 40.000 metros cadrados, dos cales 2.000 corresponden a monte arborado e 38.000 a raso.

Todo apunta a que o incendio foi causado durante a realización duns labores de limpeza na que non adoptaron as medidas de seguridade necesario. Por este motivo, foi necesaria a presenza do persoal de extinción de incendios da Xunta de Galicia, que actuaron rapidamente evitando que as lapas se propagasen máis e o dano fose maior.

Na actual campaña antiincendios, xa foron 70 as persoas detidas pola Policía da Xunta, como presuntas autoras de incendios forestais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar