O Parque Nacional das Illas Atlánticas pode ser visitado virtualmente

Google Views_Illas Atlánticas

As Illas Atlánticas xa poden ser visitadas de maneira virtual grazas á aplicación Google Views, unha ferramenta similar ao Street view, que a través de puntos panorámicos permite percorrer as rutas grazas as imaxes de gran calidade que proporciona.

Grazas a esta aplicación as illas poden ser coñecidas en calquera punto, xa que para iniciar a visita basta con buscar as illas en Google Maps, arrastrar e soltar a icona denominada Pegman (boneco laranxa) sobre os puntos azuis para iniciar a visita.

Estas visitas virtuais son unha ferramenta perfecta para o visitante que quere coñecer o que se vai atopar, así como un alicerce para escoller esta illa galega como destino turístico, xa que aporta moita máis información que unha simple foto. Todas estas imaxes están xeoreferenciadas polo que o usuario ten coñecemento en todo momento do lugar no que se atopa.

Durante un período de máis de dous meses percorrendo os arquipélagos do Parque Nacional. En total traballaron ao longo de máis de 25 xornadas de traballo, durante os meses de abril, maio e xuño deste ano. Os técnicos realizaron máis 450 fotografías esféricas, e posteriormente fíxose unha selección rigorosa, para realizar unha montaxe posterior que permitiu acadar a mellor definición posible do espazo natural.

ILLAS ATLÁNTICAS

O Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está composto polos arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada e as súas augas. Ocupa unha superficie de 8.480 hectáreas, das cales 7.285,2 son marítimas e 1.194,8 son terrestres.

Entre os seus principais valores están as paisaxes, os ecosistemas mariños, acantilados, praias e sistemas dunares e matorrais costeiros atlánticos.

O 1 de xullo de 2002 foi declarado Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar