O 061 atendeu no San Xoan a 56 persoas por intoxicacións e queimaduras

Salto fogueira_San Xoán

Urxencias Sanitarias de Galicia-061, atendeu na noite de San Xoán 41 intoxicacións, 7 accidentes de tráfico e 7 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 19,00 horas do luns 23 de xuño ata as 7,59 horas do martes 24 de xuño. O 061 asistiu a maiores a nove persoas por alteracións da consciencia, caídas, mareos e lesións producidas no entorno das cacharelas

Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 41 intoxicacións etílicas, 7
accidentes de tráfico con 8 persoas implicadas e sete incidentes por queimaduras.

061_San Xoan

A Coruña e Pontevedra, con 38 intoxicacións etílicas ou por drogas cada unha, foron as provincias que rexistraron o maior número de atencións, seguida de Lugo con tres. As idades rexistradas nestes casos alcanza o pico de atención entre os 15 e os 24 anos. Para asistir ás 41 intoxicacións, o 061 de Galicia desprazou a ambulancia medicalizada para asistir en dous casos, mobilizou en 27 ocasións as ambulancias asistenciais, en nove ocasións mobilizáronse ambulancias convencionais, e nunha ocasión o médico de atención primaria. Das 41 persoas atendidas 14 non requiriron traslado, oito foron trasladados ao centro de saúde e 19 ao hospital.

As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron sete. Urxencias Sanitarias asistiu na provincia da Coruña catro casos, e nas de Pontevedra, Lugo e Ourense un caso respectivamente. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 11 e 50 anos, sendo cinco varóns e dous mulleres afectadas. Do total dos pacientes, cinco deles requiriron ser trasladados a un centro sanitario e dous asistíronse no lugar.

No caso dos accidentes de tráfico, asistíronse oito persoas en sete accidentes de tráfico. Pontevedra rexistrou catro accidentes, seguida da Coruña con tres sinistros. As idades das persoas atendidas polo 061 abranguen dende os 15 anos ata os 49. Para asistir ás oito persoas implicadas o 061 mobilizou nove ambulancias asistenciais e nunha ocasión acudiu o médico de atención primaria. Do total de persoas atendidas, seis foron trasladas a un hospital e dúas asistíronse no lugar sen requirir traslado a un centro sanitario.

O 061 de Galicia é un dos primeiros intervintes nestes casos e tendo en conta a compoñente de perigosidade da pasada noite considerou imprescindible aconsellar á poboación galega sobre a prevención e cómo actuar en caso de atoparse nunha situación de urxencia sanitaria. Destacouse a transcendencia de elixir o lugar da fogueira, o tratamento das queimaduras e a importancia de, no caso de sinistro de circulación, non mobilizar os feridos e chamar ao 061 xa que estes sinistros provocan, en ocasións, o falecemento ou a invalidez de moitas persoas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar