Polémica pola designación como pregoeira das festas de Ourense da socialista Elena Espinosa

O Grupo Municipal do Partido Popular, forza política maioritaria no Concello de Ourense, non acudíu á lectura do tradicional pregón das Festas de Ourense.

Os populares decidiron adoptar esta decisión en solidariedade «cos miles de veciños e veciñas que non se ven representados na figura da pregoeira, unha ex ministra socialista e figura política de referencia para a metade do PSOE ourensán».

O PPOU lembra que no momento de coñecerse a elección da pregoeira por parte da concelleira de Cultura, solicitaron a inmediata substitución da mesma e a dimisión da responsable do que valoran como «elección insólita na historia reciente do Concello, onde nunca antes se utilizara o pregón de inicio das Festas de Ourense con fins partidistas e como ariete nunha guerra interna dun partido político».

Por último, os populares lamentan «que a deriva socialista na xestión cultural e festiva da cidade xa non é exclusiva da pobreza de ideas e imaxinación á hora de configurar programacións, como é visible no programa das Festas, senón que o despropósito cultural».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar