A feira forestal Galiforest amplía a sua superficie en Silleda

Galiforest_salón_feira forestal Silleda

O III Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, Galiforest 2014, o cal se celebrará do 26 ao 28 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, contará cun 25% máis de superficie expositiva neta que na anterior edición, a cal se celebrou do 28 ao 30 de xuño de 2012. Así, ocupará 5.604 m² fronte aos 4.454 m² que rexistrara entonces.

Esta área expositiva será ocupada por máis de 130 firmas expositoras, o que suporá en torno a un 40% máis que na pasada convocatoria. Entre elas estarán presentes moitas das máis importantes do sector forestal, convertendo a Galiforest 2014 nun escaparate do último en explotación forestal e aproveitamento da biomasa.

Este incremento tanto de superficie expositiva como das firmas presentes reflexa a consolidación de Galiforest como espazo de referencia para o mundo forestal, así como o fortalecemento do sector.

De forma paralela á exposición celebrarase un atractivo programa de actividades que reforzarán o carácter do monográfico como foro de debate e coñecemento, o cal está sendo deseñado pola Feira Internacional de Galicia, colectivos sectoriais e tamén a Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes da Xunta de Galicia, cuxo apoio se estende ao conxunto do certame.

Neste programa destacarán, entre outras propostas, numerosas xornadas técnicas, máis de 100 demostracións continuadas de maquinaria, un Concurso de Innovación ou un Punto de Encontro Profesional para que empresas e profesionais podan celebrar reunións, axendadas previamente a través da web do certame.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar