Xesús Vázquez participa na homenaxe a Rosalía dos galegos en Cornellá

Vázquez_ofreda floral a Rosalía de Castro en Cornellá_1O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou hoxe na ofrenda floral a Rosalía de Castro que a Asociación Cultural Galega do mesmo nome organiza no marco da XXXIV edición da festa galega de Can Mercader en Cornellá. No acto tamén estiveron presentes o Delegado Territorial do Govern da Generalitat en Barcelona, Fernando Brea i Vide e o alcalde de Cornellá, Antonio Balbón Arévalo.

Durante tres días esta entidade enxalza as tradicións galegas e catalás cos veciños de Cornellá e a comunidade galega de Cataluña con distintas actividades culturais. Ademais a asociación tamén promove a banda de gaitas ‘Xuntanza de Cataluña’ e edita a revista ‘Lúa Nova’, premiada no ano 2008 pola Secretaría Xeral de Emigración pola súa contribución a mellora-lo coñecemento do fenómeno migratorio galego.

Na súa intervención, no parque da vila barcelonesa, Vázquez Abad gabou o papel que vén deselvolvendo a Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellá e sinalou que a súa presenza “fálanos da vontade de convivencia, de compartir e de nos integrar cos nosos valores esenciais nun entorno enriquecedor e repetuoso cos valiosísimos signos de identidade alleos”.

Vázquez_ofreda floral a Rosalía de Castro en Cornellá_2
Como cada ano comitiva de autoridades que participaron na homenaxe desprazouse desde o centro do parque de Can Mercader ata o busto da poetisa padronesa acompañados dunha banda de gaitas. Os representantes da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro portaron un ramo de flores e as bandeiras galega e catalá que foron depositadas diante do monolito de Rosalía de Castro por parte das autoridades presentes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar