Acordo Xunta-Rexión Norte de Portugal para mellorar a atención sanitaria na zona transfronteiriza

Rueda_encontro rexión Norte de Portugal

 

A Xunta e a Rexión Norte de Portugal cooperarán para mellorar o acceso á atención sanitaria de calidade para as poboacións das zonas fronteirizas, garantir a súa continuidade, optimizar a organización da oferta de atención sanitaria e promover a complementariedade dos coñecementos e prácticas.

Ese é o obxectivo do Protocolo de Cooperación en materia sanitaria transfronteiriza que se asinou esta mañá na AECT de Vigo, nun acto no que participaron o vicepresidente da Xunta,
Alfonso Rueda; a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera; o presidente da CCDR-N, Emidio Gomes; e o presidente do Consello Directivo da Adminstração Regional de Saúde do Norte de Portugal, Luis Antonio Castanheira.

Este protocolo pretende identificar as oportunidades para obter beneficios de accesibilidade, eficiencia e calidade na asistencia sanitaria nas zonas fronteirizas, que se consolidarán nun plan estratéxico de cooperación transfronteiriza. En definitiva, sumar esforzos para ser máis eficaces e prestar mellor servizo aos cidadáns, independentemente de se viven a un ou outro lado do Miño.

 

 

Segundo destacou Rueda, trátase de eliminar fronteiras para a atención sanitaria -como tamén se fai no caso das atencións ás emerxencias- para xestionar con eficiencia os recursos e garantir a prestación de servizos públicos de calidade aos cidadáns. Unha aposta que o Goberno galego manterá nos vindeiros anos, apoiando todos aqueles proxectos que contribúan a construír unha “cooperación de proximidade ou de segunda xeración”, aquela que trata de reforzar as políticas que teñen por obxectivo mellorar as condicións e a calidade de vida dos cidadáns da fronteira.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar