Pontevedra: A Deputación subvenciona escolas de música e conservatorios

Deputación Pontevedra_3

A Deputación de Pontevedra aprobou as bases que rexerán a concesión de axudas a conservatorios e a escolas de música non dependentes da Consellería de Educación.
Para ese fin, destina 350.000 euros, dos cales 150.000 serán para escolas de música públicas, outros 50.000 para conservatorios e 50.000 para escolas dependentes de entidades sen ánimo de lucro.
Louzán destacou que, con estas achegas, a Deputación quere apoiar á ampla rede de centros que existen na provincia e que veñen desenvolvendo un magnífico papel na formación musical dos veciños e veciñas desta provincia.
No ano de 2013 foron 46 os centros que se beneficiaron destas axudas: 10 conservatorios de música; 24 escolas públicas (na provincia hai 25); e 12 escolas de entidades sen ánimo de lucro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar