Destacados músicos e grupos no circuito musical da Deputación de Pontevedra

 

Luis Emilio Batallán.
Luis Emilio Batallán.

Os concertos impulsados pola Deputación de Pontevedra con destacados músicos e grupos reiniciaránse o vindeiro día 31 en Redondela coa actuación de Treixadura.
A Deputación destacou hoxe o rotundo éxito de público que tiveron as actuacións de Amancio Prada nos Auditorios de Pontevedra, Valga, Vilagarcía, Tui e Cangas, en datas do entorno do 17 de maio, para conmemorar o Días das Letras Galegas. En todas elas, o aforo dos Auditorios quedou desbordado para escoitar o espectáculo músico-teatral A Rosalía de Federico que puxo en escea o cantautor do Bierzo.
O Circuito de Actuacións levará a Luis Emilio Batallán o vindeiro 13 de xullo a Lalín e o 17 de agosto a Caldas de Reis.
Ardebullo actuará en Pontecaldelas o 1 de setembro e tamén en A Estrada e Ponteareas en datas ainda por determinar.
Treixadura, pola súa banda, actuará, ademais de en Redondela o vindeiro 31 de maio, en Barrantes (o 6 de xuño), A Estrada (o 26 de xuño), Vilanova de Arousa (o 8 de agosto) e A Cañiza (o 14 de agosto).
Gustavo Almeida ofrecerá un concerto no Museo de Pontevedra o 8 de agosto, unha vez que xa actuou en Redondela e Vigo.
Menú do Día (Budiño, o actor Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila) estarán en Marín o 7 de setembro, en Lalín o 19 dese mes e en Porriño nunha data ainda por concretar.
Roi Casal actuará en Sabucedo (A Estrada) o 4 de xullo e en Sanxenxo o 24 de agosto. A fadista María do Ceo ofrecerá tamén un concerto en Vilanova de Arousa o 10 de agosto. E Oscar Ibáñez actuará en Mos o 21 de xuño, en Moraña o 27 de xullo e en Lalín o 12 de setembro.
Outros grupos do Circuito de Actuacións programado pola Deputación de Pontevedra, como Os tres porquiños, Os Bolechas e Milladoiro actuarán, respectivamente, en datas ainda sin determinar nas vilas de A Cañiza, Mos e O Rosal; Ponteareas e Cerdedo; e Ponteareas, Sanxenxo e Salvaterra.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar