25 anos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Rueda_Cadenas sobreira_20 anos TSXG

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou na celebración do 25 Aniversario do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde destacou o traballo conxunto deste órgano co Goberno autonómico para acadar “unha xustiza áxil, próxima e eficaz para os galegos”.

Rueda lembrou que nestes anos de colaboración a Xunta pactou temas importantísimos co TSXG, como o Plan de Infraestruturas Xudiciais ou o Plan SENDA, que está a modernizar o funcionamento de todos xulgados galegos. Ademais, Xunta e TSXG colaboran co Estado no impulso do expediente xudicial electrónico.

Do mesmo xeito, aludiu tamén á atención de problemas loxísticos de gran calado, como foi o macroxuízo do Prestige ou o reforzo da atención xudicial ás demandas das persoas estafadas polas participacións preferentes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar