O PPdeG celebra un dato «moi bo» pero recoñece que é o principal problema

Rueda e otros sede PP

O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou este martes que o número de parados baixase en abril en Galicia en 6.319 e considerou que este dato é «moi bo» e que «mes a mes se confirma unha tendencia», aínda que recoñeceu que o desemprego segue sendo «o principal problema» da comunidade.

En concreto, o número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en abril en Galicia en 6.319 persoas respecto ao mes anterior (-2,29%), co que o total se sitúa en 270.144.

«É un bo dato, moi bo se temos en conta que un mes, o outro e o outro confírmase unha tendencia, iso é o importante», subliñou Rueda, antes de precisar que, en calquera caso, o PPdeG se mantén na súa postura de que «cando os datos son bos non hai que tirar as campás ao voo».

Cando son «malos», apuntou que «loxicamente hai que estar preocupados», pero nunca «dicir que non hai nada que facer». Así, reafirmouse en que «o importante» é «que se vaia vendo mes a mes que as cousas melloran», extremo que –remarcou– dáse na comunidade.
SITUACIÓN AÍNDA «MOI PREOCUPANTE»

Dito isto, admitiu que Galicia vive unha situación de paro «moi preocupante» xa que hai máis de 270.000 persoas que queren traballar e «non «poden facelo».

«O feito de que o paro vaia diminuíndo e que haxa na interanual 20.000 parados menos que hai un ano nos di que se vai polo bo camiño, pero queda muchísimo por facer», reflexionou.

Nesta conxuntura, ratificou que quen pretendese «baixar a garda» ou «pensar que todo está feito» cometería «un erro», para engadir que o Goberno que dirixe Alberto Núñez Feijóo non o fará.

«Segue sendo o principal problema de Galicia e ten que seguir sendo o principal obxecto das preocupacións de todo o mundo e, dende logo, do Gobierno, resolveu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar