O Salón do Automóbil de Vigo, «escaparate perfecto»

Francisco Conde_Feira do Automóbil Vigo

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe nunha visita ao XXIII Salón do Automóbil, que se celebra en Vigo ata o vindeiro 4 de maio, o importante papel da maior exposición do motor de Galicia como o “escaparate perfecto dun sector clave na economía da comunidade”.

Neste sentido, Conde resaltou a importancia de toda a cadea, desde a produción á comercialización, subliñando que o emprego directo só no tocante á industria da automoción chegou ata os 19.000 postos de traballo en 2013 en Galicia, un 3% máis que no exercicio anterior, e que as exportacións neste sector se incrementaron nun 42% o ano pasado.

O conselleiro de Economía e Industria lembrou que a industria galega de compoñentes conta con clientes en países como Arxentina, Portugal, Francia, Alemaña, Reino Unido, Turquía ou Brasil, e apuntou que a a internacionalización do sector se asenta na constante innovación que ten elevado a competitividade da automoción galega aos mercados internacionais.

Conde apuntou como “fundamental” seguir impulsando esta innovación, destacando que esta industria ten un papel clave na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). Esta centra un dos seus tres grandes retos na mellora competitiva das industrias con máis peso na economía galega, apostando pola súa diversificación e a innovación en procesos e produtos.

Francisco Conde_Feira do Automóbil Vigo_2Neste eido, Conde resaltou que ao final todo está pensado para poder ofrecerlle ao cliente un produto máis competitivo, con maiores prestacións e máis seguro e sustentable, incidindo que é no eido da comercialización, que ten experimentado en Galicia un incremento do 20% no que levamos de ano no tocante ás matriculacións, onde xogan un papel fundamental citas como o Salón do Automóbil, no que están representadas un total de 37 marcas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar