Concello de Vigo e empresarios contra a desaparición do partido xudicial

Abel Caballero_empresarios Vigo

Abel Caballero entrevistouse co presidente e vicepresidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Javier Garrido e Manuel Rodríguez, respectivamente, para estudar o anteproxecto de lei do Poder Xudicial, un texto que rexeitan ao perder Vigo a súa autonomía.

Caballero explicou ante os medios que os empresarios amosaron unha «profundísima preocupación» polo contido do anteproxecto, en especial pola «perda de competitividade» que sufrirá Vigo ao desprazar a Pontevedra o Tribunal de Instancia e ter que apelar na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en A Coruña.

O acordo foi «total» na necesidade de parar a lei, compartindo a «excepcionalidade» de Vigo, «única en España» ao presentar máis casos que a capital de provincia e tamén máis causas e poboación que a cidade sede do TSXG, onde radicará a apelación. Ademáis de conservar na cidade o seu propio Tribunal de Instancia, Caballero solicitou o desdoblamento do TSXG para que a apelación siga en Vigo.

O planteamento do alcalde e os empresarios fixo «especial fincapé na perda de competitividade empresarial» que significaría a entrada en vigor do anteproxecto, pois a perda da autonomía da xustiza e da apelación é «un factor disuasor de establecemento de empresas en Vigo», enfatizou Caballero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar