«Santiago Pasión» dobra o número de menús consumidos na sua segunda edición

Pasion gastronómica Semana Santa Santiago de Compostela

A oficina de información de Turismo de Santiago acolleu o sorteo de oito «experiencias relixiosas», que permiten vivir unha procesión por dentro, coma un membro máis dunha confraría.
A oficina de información turística recibiu entre o sábado 12 e o venres 18 un 20% de consultas máis respecto o mesmo periodo da Semana Santa do ano pasado.

A oficina de información de Turismo de Santiago acolleu o sorteo de oito «experiencias relixiosas» dentro do programa gastronómico Santiago Pasión, organizado pola Asociación Hostelería Compostela coa colaboración e o patrocinio de Turismo de Santiago. As experiencias relixiosas permitirán aos gañadores vivir unha procesión por dentro, como se fosen un membro máis dunha confraría. No sorteo participaron a concelleria de Turismo, Reyes Leis, o presidente da Asociación Hostelería Compostela, Jesús Sordo, e un representante das confrarías de Santiago.

O programa gastronómico Santiago Pasión naceu no ano 2013 da man de Hostelería Compostela e Turismo de Santiago co obxectivo de ofertar un abano de menús de Semana Santa que colaborasen á dinamización turística da cidade cun prezo único de 18 euros. Nesta segunda edición participan máis de trinta establecementos da cidade, dobrando a participación do ano pasado. Para fomentar que os composteláns e os visitantes disfruten estes menús de Semana Santa, sortearanse múltiples premios: a oportunidad de vivir unha procesión por dentro como membro dunha confraría, visitas guiadas á Catedral e a Cidade da Cultura, e lotes de productos gastronómicos.

Segundo datos da Asociación Hostelería Compostela, dende que comezou o evento o pasado 11 de abril xa se consumiron máis do dobre de menús que se serviron o ano pasado en todo o programa, 250. Deste xeito, cando aínda quedan días para que remate Santiago Pasión, xa se conseguiu un dos obxectivos que se marcaban dende a Asociación e dende Turismo de Santiago, que era consolidar o evento aumentando o consumo nos establecementos participantes.

O aumento no consumo dos menús de Santiago Pasión é consistente co aumento en número de consultas que se está a vivir na oficina de información turística de Turismo de Santiago, ubicada na Rúa do Vilar. Entre o pasado sábado 12 e o venres 18 atendéronse 3.831 consultas, practicamente un 20% máis que as 3.212 do ano pasado. As consultas internacionais creceron un 40%, pasando de 1.230 a 1.727, mentras que as domésticas creceron un 6%, pasando de 1.982 a 2.104. Estes datos avalan as previsións de Turismo de Santiago para este ano, que apuntan un crecemento do turismo internacional ata chegar a un novo record na cidade e unha certa recuperación do turismo doméstico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar