Rafael Louzán afirma en Bos Aires que Pontevedra mellora económicamente

 

Louzán_hospede ilustre cidade Bos Aires_Buenos Aires_2

 

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destaca en Arxentina que, malia que Galicia non quedou á marxe dos efectos da crise, “Pontevedra estase recuperando” e conta con sectores fortes que fan que “teñamos un futuro esperanzador por diante”.

Nunha entrevista concedida ao diario La Prensa, Louzán destaca que, malia que “arrastramos cinco ou seis anos difíciles e nos vai custar recuperarnos totalmente”, “estamos no camiño correcto”.

Fala de sectores fortes na provincia coma o turismo o naval ou a pesca, refírese á captación de carga de traballo para os estaleiros e, no sector inmobiliario, lembra que “a burbulla inmobiliaria xa estalou” e que nestes momentos “Pontevedra ten un stock de vivenda e prezos de mercado razoables”, polo que considera que está en condicións de comezar a recuperarse.

Neste sentido, asegura que o peor da crise xa pasou e que na actualidade España conta cun sistema bancario saneado, a economía volve medrar e o desemprego (aínda que segue en cotas moi elevadas) comezou a baixar.
Isto obedece, ao seu xuízo, ás medidas adoptadas polo actual goberno presidido por Rajoy, ao que cualifica como “o presidente ideal para este momento crucial de España”. Son medidas, dixo, que, aínda que nalgúns casos foron “dolorosas”, son “correctas e necesarias para encamiñar a recuperación económica”.
Malia todo, o presidente da Deputación recalca que é preciso seguir traballando para reducir a elevada taxa de paro que afecta a España e que, aínda que en Galicia é máis reducida que a media nacional, segue sendo “moi alta”.
Por iso, aposta por medidas de apoio para fomentar a creación de emprego e contribuír así a evitar que os mozos e mozas da provincia teñan que saír do país na busca de novas oportunidades.
Neste aspecto, lembra que “Galicia é o lugar do mundo no que máis de emigrou” e lamenta que hoxe en día “haxa moitísima xuventude formada, con estudos universitarios incluso, que está a emigrando outra a Arxentina, Brasil, México, e tamén a Alemaña ou Inglaterra”.
A pesar de todo, matiza que esta emigración ten “un perfil moi diferente ao da emigración tradicional”. “Eses mozos –afirma– teñen título, unha formación específica, hai enxeñeiros, médicos técnicos. Buscan unha oportunidade para eles”, polo que confía en que “algún día poidan volver” ao seu país.

HÓSPEDE DE HONRA

Con anterioridade, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, foi nomeado Hóspede de honra de Bos Aires, nun acto que tivo lugar no Salón Eva Perón do Pazo Lexislativo. Rafael Louzán agradeceu esta mención, coa que a Lexislatura porteña distingue a visitantes estranxeiros destacados no ámbito da cultura, as ciencias, a política, a economía ou o deporte, entre outros.
A medalla e o diploma fóronlle entregados polo deputado Daniel Presti e o titular da Deputación de Pontevedra amosou o seu agradecemento por esta distinción “que non é miña, senón de todos os presentes e da colectividade española”.
Así, agradeceu a Bos Aires e a toda Arxentina “terlle dado aos habitantes de Galicia un lugar para vivir” e ofreceu toda a súa colaboración “para levar a cabo proxectos conxuntos” que beneficien tanto a comunidade galega como á propia cidade Bos Aires.

Louzán_hospede ilustre cidade Bos Aires_Buenos Aires_1
Na mesma liña incidiu o representante da Cidade Autónoma de Bos Aitres, Daniel Lipovetzky, que, tras destacar a “gran traxectoria política” de Louzán e o seu “interese nos vínculos con Arxentina”, remarcou a necesidade de fortalecer as relacións entre as dúas cidades debido á gran colectividade de españois que se atopan vivindo neste país.
Incidiu en que “a declaración que distingue a Louzán Abal foi apoiada por todos os bloques do Corpo Lexislativo da Cidade, o que demostra que non importa a pertenza política, senon o traballo que se fai conxuntamente”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar