O iougur deixará de ter data de caducidade

Iogur_Yogur
O iogur xa non levará data de caducidade, senón de consumo preferente, segundo a nova norma de calidade para a súa elaboración e comercialización aprobada polo Consello de Ministros, por proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (Magrama).
Segundo informou o Magrama nun comunicado, o Real Decreto ten como obxectivo actualizar e simplificar a lexislación vixente para adecuala á nova realidade do mercado e ás disposicións comunitarias na materia.
Indicou que, por ese motivo, se elimina o apartado sobre a data de caducidade do iogur, así como o límite de venda de vinte e oito días dende a súa data de fabricación, esixidos anteriormente na norma de 2003.
Desta forma, a etiquetaxe de data do iogur, como acontece coa xeneralidade dos produtos alimenticios, réxese pola normativa horizontal europea sobre hixiene dos alimentos, na que figura que son as industrias alimentarias as que deben determinar o tipo de data apropiada a cada produto, así como o seu límite temporal.
Segundo destacou, a norma adecúa o seu contido á nova realidade do mercado, eliminando restricións que poden situar os produtores españois nunha situación de desvantaxe co resto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar