O futuro Museo do Automóbil de Ourense exhibirá os trofeos de Estanislao Reverter

Baltar e Fundación Reverter

Manuel Baltar e o presidente da entidade asinaron hoxe un acordo que permitirá manter viva a memoria do destacado piloto de rallys, medalla o Mérito deportivo de Galicia, falecido no ano 1991.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou hoxe co presidente da Fundación «Estanislao Reverter», Luis Reverter Gil, un acordo de colaboración segundo o cal a institución provincial, a través do Inorde, comprométese a ter en depósito e exhibir no futuro Museo do Automóbil, que creará a Deputación na estación de Santa Cruz de Arrabaldo, os trofeos e distincións acadadas polo destacado piloto de rallys Estanislao Reverter o longo da súa traxectoria deportiva.

No acto de sinatura, que contou tamén coa presenza de Santiago Reverter, fillo de Estanislao Reverter, destacouse que o obxectivo do acordo é promocionar e fomentar a figura de Estanislao Reverter Sequeiros no futuro «Museo do Automóbil», para o cal a fundación entrega en depósito á Deputación de Ourense a colección de trofeos e outros obxectos persoais (revistas, libros, etc.) que figuran no inventario que a todos os efectos forma parte do contrato que foi entregado pola fundación.

O depósito páctase con carácter indefinido e gratuíto, reservándose ambas partes o dereito de resolvelo unilateralmente en calquera momento, sen penalización ningunha, preavisando desta circunstancia con tres meses de antelación. Pola súa banda, a Deputación de Ourense comprométese a protección da colección entregada, sen que poida servirse da colección depositada sen permiso expreso do depositante.

Aparte deste acordo, Manuel Baltar e Luis Reverter estudaron a posibilidade de recuperación do mítico automóbil «Alpinche», co que Estanislado Reverter participou en numerosas probas nacionais e internacionais, quedando emprazados para analizar a posibilidade de que a Deputación de Ourense poida colaborar coa fundación nos traballos de restauración do coche.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar