Baltar paraliza a suba da taxa de augas en Valdeorras

Reunion Manuel Baltar con Moises Blanco.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, confirmoulle o parlamentario popular valdeorrés, Moisés Blanco, a paralización e revisión da taxa que os veciños da comarca de Valdeorras teñen que pagar pola depuración de augas, e que un estudo determinará as cantidades que deberán aboar os núcleos de poboación, tal e como acordou o Consorcio de Augas de Valdeorras na súa última reunión.

Moisés Blanco trasladoulle o presidente provincial o malestar dos veciños do Barco o respecto da aplicación da taxa, e que nalgúns pobos pode incluso ser inxusta e inadecuada, polo cal faise necesario revisar o criterio de aplicación da mesma para que se axuste o máximo posible ao consumo real.

Deste xeito, tal e como acordou o Consorcio na súa xuntanza, un estudo determinará a taxa que deberán aboar os habitantes do rural valdeorrés pola depuración das augas residuais. Así, vaise facer un estudo do consumo medio dos puntos onde non hai contadores, mentres que as actuais taxas seguirán vixentes nos lugares onde os contadores permiten calcular o consumo real de auga.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar