Seis estudantes da UVigo participarán na Formula Student

formulaa student

   Un equipo de seis estudantes de enxeñaría industrial da Universidade de Vigo (UVigo) participará por primeira vez na competición automobilística de ámbito universitario máis importante de Europa, Formula Student.

Universitarios UVigo   Este equipo, formado por catro estudantes de grao en enxeñaría mecánica, un estudante de enxeñaría industrial electrónica e automática e un alumno de enxeñaría en organización industrial, terá que deseñar e construír un coche monoplaza de competición, ademais de atopar antes de 2015 o financiamento necesario para poder competir nos circuítos de Silverstone (Inglaterra) e Montmeló (Barcelona).

O obxectivo deste proxecto é simular o funcionamento dunha empresa real, na que os estudantes deben deseñar o prototipo cumprindo as esixencias de aceleración, freado, estabilidade e seguridade, e mantendo un custo «razoable»; e demostrar as súas capacidades de xestión, cun plan económico e de mercadotecnia.

Tal e como trasladou a universidade, o equipo vigués se atopa mergullado na etapa de deseño e o seu primeiro obxectivo é «familiarizarse coa competición e coñecer cada unha das probas» en que consiste. Ademais, para o financiamento deste reto, os estudantes están a buscar patrocinadores, socios e institucións dispostos a colaborar achegando a inversión que necesitan.

Trátase dun proxecto que permitirá aos estudantes achegarse a empresas punteiras no sector da enxeñaría e do automobilismo, recoñecer a utilidade dos coñecementos adquiridos na aula, traballar en equipo e achegarse a outras áreas de coñecemento, concluíu a UVigo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar