Seguridade, emprendemento e cooperación, claves do desenvolvemento, según Baltar

Baltar_empresarios Polígono San Cibrán

  O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe na clausura do acto da iniciativa “Espazo seguro” e da “Oficina do emprededor” na Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao que as palabras “seguridade” e “emprendemento” son dúas verbas que hoxe nos deben unir máis que nunca, xunto coa palabra “cooperación”, “que entre a asociación de empresarios do polígono de San Cibrao e a Deputación de Ourense vense concretando no apoio en materia de seguridade co dispositivo de emerxencias que vimos mantendo dende hai anos”.

En materia de empredemento Baltar falou do acordo que a Deputación de Ourense ten coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria para poñer en marcha un importante plan de emprendemento que contará tamén co apoio da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, e ofreceu a súa colaboración para impulsar un plan estratéxico de parques empresariais na provincia de Ourense.

Manuel Baltar clausurou a xornada xunto con Odilo Rodríguez Martiñá, director xeral de Traballo e Economía Social, e con Elías Mera, presidente dos empresarios do polígono de San Cibrao, afirmando que esta iniciativa do plan estratéxico de parques empresariais “permitirá a calquera investidor ter acceso a unha importante cantidade de información referida á situación dos parques empresariais da provincia de Ourense, dende os metros cadrados disponibles, ás condicións de compra de solo, e empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial, co obxectivo de que toda esta información estea dispoñible nun único espazo web para facilitarlle os trámites e o acceso informativo ao posible investidor”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar