Rueda destaca a importancia das asociacións que coidan dos enfermos mentais

Rueda_centro de atención a discapacitados_ Lugo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda gabou hoxe o traballo da Asociación Alume en prol das mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero, e que ten como obxectivo rehabilitar e conseguir a integración destas mulleres.

Precisamente o ano pasado o Goberno da Xunta –a través da Secretaría Xeral da Igualdade- subvencionou á Asociación con 38.350 euros a través da orde de entidades de iniciativa social que beneficiou a mulleres con escasos recursos que foron vítimas de algún episodio de violencia doméstica e que ademais presentan unha patoloxía mental grave.

Alume ofrece a estas mulleres unha intervención integral mediante o acollemento e a satisfacción das necesidades básicas mediante un plan de intervención global e individualizado de cada muller, co obxectivo principal de rehabilitar e conseguir a integración social das mulleres vítimas de violencia de xénero que padecen enfermidade mental.

O Goberno galego no seu VI Plan de Igualdade destaca como compromiso asumido pola Xunta a acción integral para combater a violencia de xénero, cun total de 91 actuacións destinadas a accións de prevención e asistencia integral e coordinada a favor das mulleres vítimas e das persoas ao seu cargo, así como a través do apoio á súa independencia e integración social.

A Asociación Alume foi fundada no ano 1995 por familiares de persoas con enfermidade mental e profesionais coa intención de sensibilizar á sociedade sobre os problemas e as necesidades deste colectivo, organizando actividades que facilitaron coñecer aspectos sobre a enfermidade e as súas consecuencias, e tamén para entrar en contacto con persoas que padecen problemas similares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar