Estudantes de consultoría política visitan a Deputación de Ourense

Alumnos master consultoría política-Deputación Ourense_Rosendo Fernández

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, recibiu no Pazo Provincial a 15 alumnos de España e Iberoamérica que están a realizar un Máster de asesoramento de imaxe e consultoría política e comunicación que organizan a Consultora Carpe Diem e a Universidade Camilo José Cela de Madrid, dentro do Seminario internacional de comunicación política. A visita ten como obxectivo coñecer as experiencias e modelos de xestión das institucións para que no futuro estes alumnos poidan transformar estes coñecementos en estratexias de xestión na administración pública e na comunicación política.

Rosendo Fernández explicoulles o funcionamento administrativo e político da Deputación de Ourense, destacando o feito de que o ente provincial é un referente nacional en transparencia. Fernández subliñou que nunha provincia como a de Ourense, con 92 concellos, dos cales 91 deles contan con menos de 20.000 habitantes, “a existencia dun goberno local intermedio é imprescindible para a prestación de moitos servizos”. Entre eles citou a cooperación que presta a Deputación de Ourense aos municipios no ámbito da xestión de residuos, o saneamento, o ámbito xurídico, de tributos, de benestar e de infraestruturas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar