Fejóo chama ao esforzo pola plena igualdade de mulleres e homes

Feijóo_Dia da Muller

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apostou por «non se conformar con algúns datos positivos» e «seguir alentando todos os esforzos para lograr a plena igualdade entre homes e mulleres», ás que erixiu en «liberadoras do conxunto da sociedade».

«Existe unha revolución diferente na que non hai vítimas, unha revolución que non deixa perdedores, que non remata porque vai conseguindo en cada momento novos obxectivos, a revolución feminina,», manifestou durante a súa intervención no acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller, que se celebra cada 8 de marzo.

Na súa quenda de palabra durante o evento no que participaron numerosas autoridades, como a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e mulleres profesionais «de primeira liña» en ámbitos como o deporte ou as novas tecnoloxías, o máximo mandatario autonómico asegurou que «se o mundo se vai facendo máis pacífico, tolerante, solidario e xeneroso, se debe á presenza activa dun elemento novo que nos séculos pasados permanecía postergada, a muller».

«Non é a súa unha revolución que decepcione, porque nela non hai ningún elemento de odio. Os homes acabamos entendendo que esta loita non era contra nós, nin allea a nós», indicou Feijóo para engadir que «a muller abría camiños polos que tamén podiamos andar xuntos, achegaba valores que facían a convivencia máis rica, valores que facían dos homes persoas máis aptas para unha vida social baseada no diálogo».
OITO HISTORIAS «EN FEMININO SINGULAR»

No acto organizado polo Goberno galego con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, participaron profesionais en distintos ámbitos que destacan por o seu meritoria carreira, como a campioa olímpica Sofía Toro, quen incidiu na necesidade de «loitar» para «rematar coa discriminación» e facer do deporte «un mundo máis xusto».

Tamén participaron a xornalista da TVG Irene Lamas, a actriz Teté Delgado, a produtora e propietaria de Vaca Films, Emma Lustres; a ‘gaiteira’ Susana Seivane; a ‘chef’ que conta cunha Estrela Michelín entre os seus diversos recoñecementos profesionais, Beatriz Sotelo; a vicedecana de Informática e premio Ada Byron 2013, Susana Ladra; así como a emprendedora e propietaria da Granxa Maruxa, Marta Álvarez Outeiro.

Sobre elas o presidente da Xunta afirmou que «non son unha excepción» senón «a regra nun país que cada vez incorpora máis emprendedoras nos máis diversos campos de actividade». «Non en van, no último ano con datos completos – -2012– continuou aumentando a presenza de mulleres na creación dean novas iniciativas emprendedoras», indicou.

Neste sentido, sinalou que a porcentaxe de emprendedores en Galicia segundo o xénero foi de 60 por cento homes e 40 por cento mulleres en 2011, mentres que no ano 2012 a porcentaxe se foi incrementando ata representar o 51 por cento os homes e o 49 por cento as mulleres.

Malia estas cifras, Feijóo apostou por «non se conformar». «Estamos a construír entre todos un país novo que mira con confianza ao seu futuro. Un país que se conxuga en feminino e en masculino, pero sobre todo en plural, porque no todos temos cabida», finalizou o máximo mandatario autonómico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar