30 mil personas participan este ano no Plan Cultural de Pontevedra 2014

Louzán_Deputación Pontevedra
Un total de 1.244 grupos de toda a provincia participarán este ano no Plan cultural 2014, co que a Deputación de Pontevedra pretende seguir consolidando a enorme rede social que conforman as diferentes agrupacións culturais que se estenden por todos os concellos da provincia e que moven a máis de 30.000 persoas.
Rafael Louzán e a deputada responsable de Cultura, Ana Isabel Vázquez, destacaron o gran interese que esperta este programa, iniciado en 1981 e que cada ano conta cun maior número de grupos participantes.
De feito, nesta edición son 120 grupos máis que en 2013 os que participan, pertencentes a 23 modalidades diferentes.
As máis numerosas son as masas corais (con 185 grupos participantes), seguidas de grupos de gaitas (141), grupos folclóricos (140) e pandereteiras (126). No outro extremo sitúanse as orquestras clásicas (con 4 participantes); os grupos de ballet (4); poetas (9) e humoristas (11).
TIPO DE GRUPO
PARTICIPANTES 2014
MASAS CORAIS 185
GRUPOS DE GAITAS 141
GRUPOS FOLCLÓRICOS 140
PANDERETEIRAS 126
TEATRO 119
BANDAS DE MÚSICA 81
CLÁSICOS 74
GRUPOS FOLK 65
ANIMACIÓN INFANTIL 45
BANDAS DE GAITAS 41
MAJORETTES 33
OUTROS FOLCLORES 31
GRUPOS MÚSICO-VOCAIS 29
BAILE MODERNO 23
MAXIA 20
GRUPOS PLAYBACK 18
ROLDAS 17
POP-ROCK 15
CANTAUTORES 13
HUMORISTAS 11
POETAS 9
BALLET 4
ORQUESTRAS CLÁSICAS 4

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar