Louzán propón a colaboración coa Xustiza para rexenerar a vida pública

Louzan_sala prensa Deputación Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe, en rolda de prensa, que a transparencia, a colaboración coa Xustiza e a exemplaridade <son a mellor contribución das institucións á rexeneración da vida pública e á confianza dos cidadáns nelas para que non quede sombra de duda do funcionamento das administracións, dos seus funcionarios e dos seus responsables.

 

Louzán sinalou que o Xulgado de Instrucción número 7 de Vigo, a resultas de denuncias presentadas no ámbeto empresarial privado, está a investigar indicios de presuntas prácticas irregulares dunha serie de empresas nas suas relacións con varias Administracions Públicas de todo signo político.

 

Indicou que, neste marco, á Deputación de Pontevedra _como a outros concellos e entidades da provincia_ fóronlle requeridos varios expedientes de contratación, procedentes de concursos públicos realizados de acordo á Lei e aos procedementos legais. <Temos, pois, unha absoluta tranquilidade respecto a posibles irregularidades, pois todos eles están ao amparo de procedementos regrados> dixo.

 

O presidente da deputación pontevedresa destacou que <o feito de que a Xustiza actúe contra os que cometen algún tipo de irregularidade e faga as oportunas investigación para sacalas á luz, non só é positivo, senón que o consideramos fundamental para o bó funcionamento do Estado de Dereito, e para evitar que as institucións estean ao servizo de quén as quere utilizar para beneficio propio>.

 

Según él, <ademais diso, tamén é fundamental que non se dane aínda máis a confianza da cidadanía nas institucións e nos representantes políticos e que non se prolonguen innecesariamente, máis alá do razonable, os procedementos xudiciais>.

 

Neste sentido, pideu o máximo respeto para os órganos xurisdiccionais e para as institucións <pois a Xustiza non xulga institucións, senón comportamentos presuntamente irregulares de persoas>.

 

Na súa intervención, asegurou que ningún funcionario ou político da Deputación de Pontevedra é acusado de nada <ainda así, defendemos a presunción de inocencia desde a certeza de que a responsabilidade política ou administrativa vai aparellada á responsabilidade xudicial. Se ésta desaparece, desaparece a outra. E, se a houbera, que ninguén dubide que se actuará en consecuencia e con todo o rigor e contundencia>.

 

Finalmente, lembrou que a Deputación de Pontevedra informou da intervención da policia xudicial nas dependencias o mesmo día, con sendos comunicados remitidos ás 10 e ás 14,30 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar