Máis de cinco mil alumnos, sen clase en Lugo e Ourense

A presenza de neve na rede viaria deixou este luns sen clase a máis de 5.000 alumnos de 82 centros educativos das provincias de Ourense e Lugo.

Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, este luns na provincia de Lugo non puideron asistir a clase 2.272 alumnos de 43 centros, en 13 dos clases foron suspendidas as clases.

En concreto, segundo precisou Educación, foron suspendidas as clases en centros dos municipios lucenses de Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, As Nogais, Pedrafita, Triacastela, Guitiriz, Monterroso, Muras e Ourol.

Mentres, na provincia de Ourense non puideron acudir ás aulas 2.034 estudantes de 39 centros, dos cales 22 suspenderon as clases debido a neve.

Así, suspendéronse as clases en centros educativos dos municipios ourensanos de Baltar, Bande, Os Brancos, Calvos de Randín, Monterrei, Muiños, Xinzo de Limia, Beariz, Nogueira de Ramuín, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Manzaneda, A Mesquita, Montederramo, A Pobra de Trives, Riós, Viana do Bolo, A Veiga, Vilariño de Conso e Xunqueira de Espadañedo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar