Centos de asistentes á Matanza Tradicional da Feira do Cocido de Lalín

Matanza do porco Lalín

Centos de persoas participaron este domingo na celebración da XV Matanza Tradicional do Porco, no marco da da Feira do Cocido de Lalín que teraá lugar o vindeiro 23 de febreiro.

Esta actividade, que cada ano é organizada nunha parroquia diferente coa participación dos seus veciños, celebrouse nesta ocasión en Rodís, na que o mal tempo non impedíu os festexos.

Formulada como a recuperación etnográfica desta actividade, a matanza tradicional acompáñase dunha degustación dos produtos típicos desta época do ano.

Ademais, ao longo deste domingo. os visitantes puideron coñecer os hábitos de matanza que se empregaban ata hai uns anos na zona, comezando por chamuscar o porco e rematando polo despezamento.

Asimesmo, a pesar da pervivencia da tradición, a organización garantiu o respecto ás normas de sacrificio establecidas pola Unión Europea.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar