A actriz galega Sara Casasnovas representa hoxe en Lugo “Paradero desconocido”

Actriz Sara Casasnovas

A actriz ourensana Sara Casasnovas representará este venres, día 3 de xaneiro, no Auditorio Gustavo Freire (Lugo), ás 20,30 horas, a obra de teatro ‘Paradero desconocido’.

Nun comunicado, a compañía explicou que a obra narra a historia dun xudeu estadounidense residente en California e un alemán de Munich que son amigos e socios no mercado da arte. Os tres personaxes e unha pianista narran varios acontecementos históricos, entre os que se atopa a ascensión de Hitler ao poder.

A obra de teatro xorde da novela co mesmo título ‘Paradoiro descoñecido’ que estivo na sombra ata que en 1995 Story Press a reeditou, momento que coincidía coa conmemoración do 50 aniversario da liberación dos presos dos campos de concentración nazi.

A repartición conta tamén coa participacións de actores como Juanjo Artero (‘El barco’), Juanjo Cucalón (‘Los Serrano), e a pianista Rosa Branco Campos.

Esta obra, que está de xira por España, foi distinguida no Festival de Teatro de Palencia cos premios a Mellor Dirección –Laila Ripoll– Mejor actor –Juanjo Artero– e Mellor Escenografía –Andrea D ‘Odorico–.

Sara Casasnovas (Ourense, 1984) participou en producións como ‘Hospital Central’ ou ‘Amar en tiempos revueltos’, así como en obras de teatro como ‘Electra’, de Benito Pérez Galdós.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar