A Deputación de Pontevedra afronta o mal tempo con 500 toneladas de sal

ori Nueva 1 Nel.jpg

A Deputación de Pontevedra tén activado un plan para facer fronte ás inclemencias do tempo nos 2.000 kilómetros de estradas provinciais composto por oito brigadas con 80 operarios, 3 esparcidoras de sal, un camión quita-neves e un acopio de 500 toneladas de sal.
Os 80 operarios traballan en turnos de 12 horas diarias e en atención permanente a urxencias, nos catro parques comarcais que a Deputación tén ubicados en Lalín, Codeseda (A Estrada), Pontevedra e Ponteareas. Pola súa banda, as tres esparcidoras de sal sitúanse na zona norte, na centro e na sur, respectivamente.
500 intervencións no que vai de ano
No que vai de ano, as brigadas da Deputación de Pontevedra realizaron perto de 500 intervencións nas estradas provinciais: 75 na zona Norte, 131 na Centro e 193 na Sur.
Os motivos das intervencións foron, sobre todo, accidentes de tráfico (157), árbres caídos ás estradas (91), desprendimentos de terras (46), nevadas (43), inundacións (25), presenza de animais mortos nas estradas (30) e outros.
Por concellos, o maior número de intervencións foron en A Estrada (22), A Cañiza (38), Caldas (17), Forcarei (11), Lalín (13), Gondomar (13), Mondariz (11), Covelo (11), Ponteareas (18), Redondela (14), Soutomaior (16), etc.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar