50 anos do pasamento de Vicente Risco

Baltar-20 anos pasamento Risco

No Edificio de Facultades do Campus de Ourense, que alberga as facultades de Ciencias da Educación e Historia, tivo lugar hoxe o acto de conmemoración do 50º aniversario do pasamento do intelectual galego Vicente Risco, no decurso do cal descubriuse unha placa que, dende hoxe, da o nome deste insigne escritor ao Salón de Graos da facultade. O acto contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras; o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o presidente da Fundación Vicente Risco, Luis Martínez-Risco, e os decanos das facultades de Ciencias da Educación e de Historia, Mercedes Suárez e Jesús de Juana, respectivamente.

Na súa intervención, Manuel Baltar destacou a figura de Risco como “insigne representante de Ourense e un dos impulsores da Xeración Nós”, e engadiu que se hoxe Risco estivese aquí, ben seguro lle chamaría “Xeración Vós”, “porque estamos nunha época na que a sociedade ten a oportunidade de tomar a palabra para enriquecermos social e culturalmente”. Baltar dixo que a Risco “hai que lelo e releo, e temos todos a obriga de divulgar a súa riquísima e universal personalidade”, e neste senso anunciou que a Deputación de Ourense vai editar en 2014 o libro que xa publicara a institución provincial en 1984 sobre a figura de Vicente Risco, escrito polo profesor Jesús de Juana e titulado “Aproximación al pensamiento e ideología de Vicente Risco”.

Manuel Baltar rematou afirmando que hoxe Risco “está máis presente que nunca porque a súa pegada intelectual está nos que seguimos afondando na nosa autonomía e na identidade social, histórica e cultural da nosa terra”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar