TVG lidera a franxa horaria de mediodía

 

Un dos controis de realización da Televisión de Galicia.
Un dos controis de realización da Televisión de Galicia.

A terceira onda anual de audiencias do EXM (Estudo Xeral de Medios) correspondente a outono, cos meses de outubro e novembro, reflectíu un novo aumento porcentual da cota de audiencias da Televisión de Galicia. En concreto, cunha cota do 17,4% de luns a domingo. a Galega superou as competidoras Antena 3 (14,9 %), TVE1 (11,1%) e tan só foi superada por Tele5 que cun 18,5%.

Na franxa horaria entre as 13:30 e as 17:00 horas a TVG é líder indiscutible cunha cota de pantalla de 30,6%, a gran distancia –o dobre– da segunda opción, que é Tele5 cun 15,2%.

Pola noite (20.00-04.00 horas) a Televisión de Galicia acadou unha cota de 16,2% sendo a segunda alternativa a tan só 1,2 puntos do liderado de Tele5.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar